sábado, 27 de octubre de 2012

PARABÉNS XIMENA!

Onte celebramos o aniversario da nosa compañeira Ximena, xa ten 3 aniños!!. 
Sorprendeunos cunha torta do máis divertida, era unha BOLBORETA... Estaba moi boa e acabamos todos coa cara chea de chocolate.







 Moitas grazas á mami de Ximena pola colaboración e esa orixinalidade.

viernes, 19 de octubre de 2012

O OUTONO NA CLASE DAS BOLBORETAS

Durante estas últimas semanas o outono inundou a nosa clase. O noso compañeiro Roi sorprendeunos cunha caixiña chea de cousas propias desta estación. E entre todos fixemos a nosa árbore de outono. 

PREPARANDO O MAGOSTO

Xa queda pouco para que as bolboretas celebren o seu primeiro MAGOSTO no cole. Para iso pedímosvos ás familias a vosa colaboración. Necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos as caras menos unha das máis anchas, coma na foto) para facer o noso porta-castañas para a festa. Moitas grazas!

miércoles, 3 de octubre de 2012

UN DÍA CHEO DE SORPRESAS

Hoxe a nosa clase estivo chea de sorpresas.
A primeira, chegou da man da nosa compañeira Lara, que trouxo ó cole a Pepito, un grilo que atopou o seu veciño.



Outra sorpresa, foi a visita de Javier, un compañeiro de primaria, que nos contou o conto " A toupeira rosa"
Con Javier comeza unha actividade que se levará a cabo durante todo o curso, que consiste na visita semanal dos maiores do cole a lernos contos. O conto de hoxe foi  "A toupeira rosa". Que conto nos lerán o próximo mércores?



E a última sorpresa de hoxe, foi a elección da mascota da nosa clase. Esta elección estivo un pouco disputada, uns querían ser caracois, outros abellas, tamén algún quería que fose a clase dos porquiños ou das xoaniñas, pero finalmente a elección foi entre as serpes e as bolboretas. E dende hoxe, xa somos a clase das "BOLBORETAS"