lunes, 24 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS!

As bolboretas queremos desexarvos Felices Festas a tod@s.

RECOMENDACIÓNS

Dende a biblioteca do cole, Güino recoméndanos algunhas lecturas, que poderían ser interesantes para pasar un bo rato en familia.

Recomendacións nadal12 from ana alvarez

Ademais nestes enlaces poderedes ver algunhas actividades interesantes para facer cos peques nestas vacacións. 
- Cidade da Cultura, Santiago .
- "Navidad Mágica", Narón. 
- Eventos do Concello de Ferrol. 

domingo, 23 de diciembre de 2012

VISITA DOS PAXES REAIS E FIN DE FESTA

O venres, foi o momento d actuar para as nosas familias. Máis nervios, pero cremos que non defraudamos...
E ao rematar a actuación e para despedir ben o trimestre, que podía ser mellor que unha gran comilona e un pouco de baile?



Pero non rematou así o día. Quedaba o máis importante, tiñamos que darlle a carta aos paxes dos Reis Magos, para que non se esquezan de traernos eses ansiados regalos. Despois dunha longa espera, puidemos entregarllas. Algunha bolboreta asustouse un pouco coa súa chegada e non a puido entregar, pero non vos preocupedes que a profe non se esqueceu de darlla e seguro que virán cargadiños de regalos.


sábado, 22 de diciembre de 2012

BUSCANDO UNHA ESTRELA

Despois de tantos e tantos ensaios, chegou o gran momento. Xirasoles e bolboretas estrearon o xoves, a súa primeira actuación no Couceiro, con todo o alumnado e profes do centro como público. Antes da entrada ao escenario, houbo moitos nervios, pero unha vez aberto o telón estes pequerrecho fixéreno moi ben. Con unha pequena caída polo medio, pero superada.
Aquí podedes ver algunhas fotos tanto do baile, como dos momentos anteriores. A estes peques, que por un día, deixaron de ser bolboretas e convertéronse en pitiños, gatiños e peixiños, e ata nunha estreliña. 



Así foi a nosa primeira actuación.


Se queredes gozar das actuación dos demais compañeiros do cole, visitade celecofre
Seguro que vos gustará.

viernes, 14 de diciembre de 2012

TOD@S CON 3 ANIÑOS!

Hoxe, celebramos que as bolboretas máis pequeniñas cumpren "3 aniños". Ademais a profe tamén participou, aínda que ela ten bastantes máis, non nos chegaban os dedos para contalos, eran moitos. Como toda festa que se prece, non puido faltar un tempo de baile. E para rematar ben o día, xogamos un ratiño cos disfraces. Que ben o pasamos!



Moitas grazas ás familias pola colaboración.

CELSO EMILIO FERREIRO

O mércores, día 12-12-12, fixémoslle unha homenaxe ao poeta galego Celso Emilio Ferreiro, no ano do centenario do seu nacemento. Nela puidemos deleitarnos con unha rap, do seu poema "Deitado frente ao mar", interpretado por alumnos de 6º de primaria.






miércoles, 12 de diciembre de 2012

DECORACIÓN DE NADAL

Non só chegou o Nadal á entrada do cole. Nos últimos días as bolboretas traballamos moito para encher de Nadal a nosa clase. E para celebralo ao grande convertémonos nuns simpáticos trasnos.
Cando a profe explicou que iamos poñer uns traxes de trasnos e colgarnos no corredor de infantil, a pregunta de Roi foi "pero despois báixasnos para ir para a casa non?" Pero cando, nos amosou como o iamos a facer, entendímolo a perfección. E era verdade, estamos colgados no corredor das aulas de educación infantil, pero non nós, as nosas fotos... Estamos moi guapos verdade?




E ademais de converternos en trasnos creamos unha árbore de Nadal moi orixinal... Para facela tivemos que pintar cartón con pinceis e témperas, facerlle buratiños co punzón nó cartón para colocar uns palillos e finalmente facer boliñas de plastilina de cores para que a nosa árbore tivese adornos.
 Despois de todo este traballiño, que vos parece a nosa árbore?


domingo, 9 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL!

Co mes de Decembro chegou o Nadal ao Couceiro . E como non podía ser doutra maneira, o noso cole vaise enchendo pouco a pouco da decoración propia desta festa.
 Na entrada ao centro xa podemos observar unha bonita árbore chea de fermosas estrelas, ademais do belén que a profe Pilar preparou cos seus alumnos.


Moitas grazas ás familias pola implicación na creación destas orixinais estrelas.

sábado, 1 de diciembre de 2012

APRENDENDO DAS XIRAFIÑAS

A chegada da carta de Numerete tróuxonos tamén  moitas dúbidas. Que era iso ao que Numerete chamaba planeta? A bolboreta Iago, algo sabía sobre o tema, e contounos que nos vivíamos no planeta Terra. Pero como seguían moitas dúbidas nas nosas cabezas, as xirafiñas (os nosos compañeiros de 4 anos A), que están investigando sobre o tema e xa saben moitas cousas, invitáronnos á súa clase e aprendemos moito deles. Moitas grazas ás xirafiñas, e ás profes Ana e Cris.
Estas son algunhas fotos da nosa visita.