jueves, 20 de junio de 2013

O CIRCUÍTO

Xa queda moi pouquiño para o remate do curso, e por ese motivo, hoxe foi un día moi especial. 
Despois do recreo fomos ao patio dos maiores, onde tiñamos preparado un super-circuíto, formado por: aros, cordas, ladrillos, bancos, ,...
Pero a sorpresa non remataba así, o circuíto tiña premio, pois se o completabamos tres veces conseguiamos un agasallo da tómbola.
E todas as bolboretas foron co seu regaliño para a casa.

NOVAS BOLBORETAS NO COUCEIRO

Despois dunha pequena espera os nosos vermiños xa saíron dos seus casulos convertidos en bolboretas, para algúns de nós parecían vermes con alas, máis que fermosas bolboretas. Pero todos estivemos moi ilusionados coa súa aparición. 
Agora so nos queda esperar a que chegue a próxima primavera para ver que sae deses ovos pequeniños que puxeron as novas bolboretas.


ANIVERSARIOS DE XUÑO

A semana pasada celebramos os últimos aniversarios deste curso. Santiago e Daniela cumpriron xa 4 aniños, que maiores estas bolboretas. E como non podía ser de outra maneira, fixemos unha festa para celebralo na que comemos unha torta moi rica.



Moitas grazas ás familias de Daniela e Santiago.

lunes, 17 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O martes, fomos de excursión á Casa do Queixo, para nós a primeira excursión na que comemos fóra do cole. O día comezou con moita ilusión, dende o momento que montamos no autobús.
Unha vez na Casa do Queixo puidemos aprender moitas cousas:  de onde ven a la e os pasos a seguir para facer un xersei, como coidar e alimentar ós animais que viven na granxa, a facer pan, a facer queixo,... Tamén foi un día de moitos xogos, no que acabamos esgotados, algúns de nós ata quedamos durmidos no camiño de volta.

BATUCADA!

O pasado luns, o grupo " Fenómenos" volveunos a sorprender coa súa música, esta vez tratouse dunha batucada. Pasámolo moi ben escoitándoos, bailando e tocando as maracas que fabricamos coas familias.

jueves, 6 de junio de 2013

VISITA DE NALA

Onte tivemos unha visita moi especial. Chegou á nosa clase Lourdes (a mamá de Álvaro) acompañada de Nala, unha cadeliña moi boa, que desde fai moi pouco vive con Álvaro e a súa familia.
Estivemos todo o día desexosos desta visita e por fin chegou o momento, puidemos tocala e aprender algunha cousiña dos coidados deste animaliño. 
Moitísimas grazas Lourdes.


ÁLBUM BILINGÜE

Nas últimas semanas, todo o alumnado do cole estivo buscando flores polo corredor do centro para poder completar o álbum bilingüe, que como todos os anos preparan as profes de inglés Ana e Marga. 
Os nenos de infantil tamén puidemos participar completando un panel entre todos, axudados por Marga. 
O venres, o último día, repartíronse os agasallos e nós tamén tivemos o noso.
Este ano a encargada de repartilos foi Stephanie, a auxiliar de conversa, que tamén aproveitou para despedirse de todos, pois xa volve para a súa terra.




ANIVERSARIOS DE MAIO

O venres, celebramos que as bolboretas Bruno, Sara e Teo xa teñen 4 aniños, que maiores.
 Pasámolo moi ben e estaba todo riquísimo.


Moitas grazas ás familias pola colaboración.