miércoles, 1 de julio de 2015

GÜINO RECOMENDA PARA O VERÁN

OS FENÓMENOS

Continuamos coa festa, un ano mais o grupo "Fenómenos" acudiron ao cole para deleitarnos coa súa música. nestas fotos podedes observar que ritmo teñen estas bolboretas e o ben que o pasamos.
Moitísimas grazas Fenómenos!!!

 



UN PEQUENO PASIÑO PARA PRIMARIA

Os últimos días de cole, non só foron de festa, tamén aproveitamos para ter o noso primeiro contacto con primaria. Por unha parte, xogamos varios días no que chamamos "o patio dos maiores", no que estivemos encantados. E por outra, visitamos a aula de 1º B , onde os nosos compis maiores contáronnos as súa experiencia en primaria, contestaron a todas as preguntas que tiñamos e ademais agasalláronnos cun pasaporte que teremos que traer cuberto en setembro.
Aínda que votaremos de menos a nosa etapa de infantil, xa nos sentimos de primaria.
 Xa queda moi pouquiño!!!



lunes, 29 de junio de 2015

XOGOS POPULARES

Na última semana de cole non paramos. 
Para comezar, o luns, tivemos unha xornada de xogos populares. 
Mirade que ben o pasamos.


CRECEPELOS

Cando a profe nos ensinou a terra e as sementes, xa todos pensamos en que ese día tocaba plantar e  encantounos a idea. Pero de súpeto colleu unhas medias, e non entendíamos de que se podía tratar.
 Finalmente, explicounos en que consistía iso dos "crecepelos", e despois da súa preparación, auga e varios días ao sol, mirade que bonequiños máis chulos creamos.



domingo, 28 de junio de 2015

ÁLBUM BILINGÜE DOS DEPORTES

Un ano máis, coa profe Marga, convertémonos en exploradores para completar o álbum bilingüe, esta vez para aprender sobre os deportes. 
Unha vez rematado o álbum entre todos os compis de infantil, chegou o momento da entrega de premios, acompañados como non, por un trofeo.




DERRADEIRO ANIVERSARIO

Este mes estivo de aniversario a bolboreta Daniela, a nosa compi xa ten 6 anos e coma sempre o celebramos no cole cunha grande festa.
 Pasámolo moi ben bailando, cantando, e comendo unha torta riquísima. 
Parabéns Daniela!!!


EXCURSIÓN A MARCELLE

Este ano a excursión de fin de curso, foi xenial, tratábase da visita con todo o alumnado do cole ao parque zoolóxico Marcelle. Aínda que o tempo non foi o mellor desexado, non impediu que gozaramos cos nosos compis dos diferentes animais e actividades moi divertidas como un espectáculo de monicreques. 
Tivemos moitas dúbidas á hora de decidir o que máis nos gustou do día, pero os osos e os lobos tiveron moito éxito.

sábado, 6 de junio de 2015

DÚAS IRMANCIÑAS DE VISITA

Esta semana tivemos dúas sorpresas das familias.

 Por unha parte, o martes, Gema e Aloia ( a nai e a irmá da bolboreta Roi) viñeron ao cole para que as coñeceramos. Con todo o que nos fala Roi de Aloia, xa case parecía que a coñecíamos, pero foi xenial poder vela e que puideramos aprender cousas novas da súa relación, encantounos ver como Roi facía rir a Aloia e quedamos abraidos cando Gema contou que Roi axudaba a cambiarlle o cueiro a súa irmanciña. 



E o venres, visitounos Carla ( a irmá da bolboreta Daniela), que dentro duns mesiños xa vai formar parte do cole. Xa a vimos moi preparada, estivo con nós facendo un debuxo, xogando no encerado e ata tomando a parva.



Moitas grazas ás familias.

ANIVERSARIOS MAIO

No mes de Maio, 3 bolboretas  estiveron de aniversario e coma sempre non podería falta a celebración no cole. Cantamos, comemos, xogamos, bailamos e sobre todo rimos moito na festa. Parabéns Bruno, Sara e Teo!






LETRAS GALEGAS

O pasado 18 de Maio, celebramos no cole o día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde. Comezamos o día cunha presentación do autor, por parte dos maiores do cole.


A continuación, presentouse a recompilación de xogos populares realizada por todo o alumnado do cole. Para dita presentación contamos coa presenza de Antón Cortizas, que aproveitou para ensinarnos un lote de xoguetes e aparellos realizados de maneira artesanal con materiais sinxelos como unha noz, unha cana, gomas,... 


Unha pequena paradiña para o recreo e á volta presenciamos o Certame de Poesía do Couceiro Freijomil, No que as bolboretas participamos cos nosos compis de infantil cunha poesía sobre os números moi divertida.




lunes, 11 de mayo de 2015

O MAIO CANTAREIRO

Un ano máis, festexamos no cole a chegada da primavera, coa celebración dos maios. 
Para a creación do maio chegamos cargadiños con flores de moitas clases, laranxas, ovos,...
 As bolboretas colaboramos formando (xunto cos xirasoles) unha bonita grilanda de margaridas,  
que formou parte do maio, con forma de boneca, creada por todos os nenos e nenas de infantil e a axuda especial de papis e mamis.
Como remate da festa, xuntámonos todo o alumnado e a cantar...








Moitísimas grazas ás familias que axudaron na creación do maio.

ANIVERSARIO DE LARA

Chegou un día moi esperado para a nosa compi Lara, o seu aniversario. 
E tamén a celebración no cole, esta vez co número 6 na torta. Que maior!
Comemos torta, cantamos, bailamos, xogamos,... pasámolo moi ben.


DECORACIÓN DE PRIMAVERA

As bolboretas levamos varias semanas realizando actividades plásticas para decorar a clase, fixemos cadros, formiguiñas, bolboretas,...
 Nas seguintes fotos podedes observar parte do proceso e o resultado.
 Que artistas!

domingo, 26 de abril de 2015

XIMNASIO DOS MAIORES

Aproveitando que os maiores estaban celebrando as eumeolimpiadas, tivemos a sorte de realizar a clase de psicomotricidade no seu ximnasio. Viñemos encantados da experiencia, que tamén nos fixo pensar que dentro de pouquiño chegará ese grande paso cara primaria.
 Grazas profe Ilenia, por esta sorpresa.  





PRESENTACIÓN DE LOIS

A bolboreta Iago tamén quixo que coñeceramos ao seu irmanciño Lois, e estabamos todos encantados  e desexando poder facelo.
 Hai uns días, por fin chegou a visita, acompañado de Alma, a súa nai.
 Ademais de poder coñecelo, aprendemos moito sobre el e como Iago axuda aos seus papás para coidalo. 
Moitísimas grazas Lois e Alma.



lunes, 6 de abril de 2015

DÍA DA POESÍA E DO TEATRO

Antes das vacacións houbo no cole unha grande celebración, para conmemorar conxuntamente os días da poesía e do teatro.
 Comezou coa proxección do vídeo realizado no cole " Nos somos Rosalía", para posteriormente observar as adaptacións teatrais realizadas polo alumnado de 4ºB e 5ºA " Todo é un conto" e " O merlo branco".
Parabéns aos artistas!


     

ÁLVARO CON 6 ANIÑOS!

A bolboreta Álvaro xa ten 6 aniños, e o celebramos no cole como se merece.
 Para festexalo cantamos, bailamos, pero sobre todo comemos e comemos todos eses doces riquísimos que preparou a familia. 
Parabéns Álvaro!


CASTIÑEIROS NO XARDÍN

Ciclistas e xoaniñas, na súa primeira saída, foron visitar un castiñeiro cerca do cole e á volta decidiron plantar unhas castañas para ver que ocorría. Meses despois, dunha desas castañas creceu un pequeno castiñeiro e hai uns días xuntámonos todos para plantalo no noso xardín. 
Esperamos coidalo moito entre todos para que creza un grande castiñeiro.


miércoles, 18 de marzo de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O venres, visitamos unha vez mais a Biblioteca Municipal. 
Unha vez alí, Alexandre (o bibliotecario da vila), lembrounos o seu funcionamento e convidounos a visitalo coas familias polas tardes. Ademais, puidemos gozar do conto " Señorita Pluma".
 E para despedirnos, unhas voltiñas ao noso amigo o sereo.
Ata pronto!



miércoles, 11 de marzo de 2015

XA COÑECEMOS A LOIS

Dende que naceu Lois, o irmanciño da bolboreta Teo, as súas historias estiveron moi presentes na clase. Todos, pero sobre todo Teo, tiñamos moitas ganas de que chegara o momento da súa visita. 
E por fin, esta semana apareceu Lois, acompañado da súa nai Esther. 
Esther e Teo contáronnos moitas cousas del, ( como come, con que lle gusta xogar, como durme, como lle cambian o cueiro moi moi rápido,...) xa que aínda que Lois intentaba falar á súa maneira, queda un pouquiño para que o poidamos entender. Tamén Teo ensinounos como fai para que Lois se divirta e non pare de rir.
Grazas a Lois e Esther por facernos esta visita.