domingo, 26 de abril de 2015

XIMNASIO DOS MAIORES

Aproveitando que os maiores estaban celebrando as eumeolimpiadas, tivemos a sorte de realizar a clase de psicomotricidade no seu ximnasio. Viñemos encantados da experiencia, que tamén nos fixo pensar que dentro de pouquiño chegará ese grande paso cara primaria.
 Grazas profe Ilenia, por esta sorpresa.  





PRESENTACIÓN DE LOIS

A bolboreta Iago tamén quixo que coñeceramos ao seu irmanciño Lois, e estabamos todos encantados  e desexando poder facelo.
 Hai uns días, por fin chegou a visita, acompañado de Alma, a súa nai.
 Ademais de poder coñecelo, aprendemos moito sobre el e como Iago axuda aos seus papás para coidalo. 
Moitísimas grazas Lois e Alma.



lunes, 6 de abril de 2015

DÍA DA POESÍA E DO TEATRO

Antes das vacacións houbo no cole unha grande celebración, para conmemorar conxuntamente os días da poesía e do teatro.
 Comezou coa proxección do vídeo realizado no cole " Nos somos Rosalía", para posteriormente observar as adaptacións teatrais realizadas polo alumnado de 4ºB e 5ºA " Todo é un conto" e " O merlo branco".
Parabéns aos artistas!


     

ÁLVARO CON 6 ANIÑOS!

A bolboreta Álvaro xa ten 6 aniños, e o celebramos no cole como se merece.
 Para festexalo cantamos, bailamos, pero sobre todo comemos e comemos todos eses doces riquísimos que preparou a familia. 
Parabéns Álvaro!


CASTIÑEIROS NO XARDÍN

Ciclistas e xoaniñas, na súa primeira saída, foron visitar un castiñeiro cerca do cole e á volta decidiron plantar unhas castañas para ver que ocorría. Meses despois, dunha desas castañas creceu un pequeno castiñeiro e hai uns días xuntámonos todos para plantalo no noso xardín. 
Esperamos coidalo moito entre todos para que creza un grande castiñeiro.