A primeira, chegou da man da nosa compañeira Lara, que trouxo ó cole a Pepito, un grilo que atopou o seu veciño.
Outra sorpresa, foi a visita de Javier, un compañeiro de primaria, que nos contou o conto " A toupeira rosa"
Con Javier comeza unha actividade que se levará a cabo durante todo o curso, que consiste na visita semanal dos maiores do cole a lernos contos. O conto de hoxe foi "A toupeira rosa". Que conto nos lerán o próximo mércores?
E a última sorpresa de hoxe, foi a elección da mascota da nosa clase. Esta elección estivo un pouco disputada, uns querían ser caracois, outros abellas, tamén algún quería que fose a clase dos porquiños ou das xoaniñas, pero finalmente a elección foi entre as serpes e as bolboretas. E dende hoxe, xa somos a clase das "BOLBORETAS"
Que nome mais chulo!! E pola parte que me toca...encantalle o mercores de lectura. Un biko!!
ResponderEliminarQue nome mais chulo!! E pola parte que me toca...encantalle o mercores de lectura. Un biko!!
ResponderEliminarUN NOME MOI BONITO E APROPIADO, XA QUE POLA CLASE ANDARAN COMA ELAS.UN BIQUIÑO
ResponderEliminar