viernes, 22 de febrero de 2013

NOVAS CARTAS DE NUMERETE

Esta semana tivemos novas noticias do noso amiguiño Numerete. Primeiro, contounos as súas aventuras no planeta número 2, onde pasou grandes momentos acompañado de dous calcetíns, dúas luvas, dous zapatos e dous pendentes . Pero a cousa non quedou así, dous días despois, volvemos a escoitar ruídos e ó abrir a porta da clase, encontrámonos unha nova carta e un paquete. Sorprendémonos moitísimo... e ó abrir a carta e o paquete descubrimos un regalo moi especial, tratábase dunha amiguiña de Numerete que quere quedarse con nós. É unha bolboreta, coma nós, e decidimos que se chamara "Chispita". A partir de agora, xa somos 21 bolboretas.

                        

1 comentario:

  1. POR FIN LLE DOU SENTIDO A HISTORIA QUE ME VEU DICINDO NOA PARA A CASA DA BOLBORETA. E UNHA MANEIRA MOI BOA DE APRENDER MOI DIVERTIDA

    ResponderEliminar