miércoles, 20 de marzo de 2013

DE EXCURSIÓN!

O luns, tivemos a nosa primeira excursión. Fomos contentísimos á "Cada do mel", en Goente.
A emoción xa comezou coa viaxe en autobús, para algúns de nós por primeira vez. E coa chegada á Casa do mel, foi mellorando cada vez máis o día. Estas son algunhas das cousiñas que fixemos: creamos a nosa propia colmea con debuxos de abellas, escoitamos cousiñas moi interesantes sobre estes animais tan pequeniños, algúns de nós probamos o mel, buscamos a abella raíña nunha colmea, fabricamos a nosa propia vela,...
Como podedes ver, non paramos. E pasámolo moi ben. Só pasaron dous días e xa temos moitísimas ganas de que chegue a próxima excursión...

1 comentario:

  1. MENUDA EMOCION A EXCURSION, SOLO O FEITO DE IR NO BUS XA ERA SUFICIENTE PARA A ILUSION QUE LEVABA. POLAS FOTOS FOI UNHA EXCURSION MOI BONITA. AGORA XA PREGUNTA CANDO E A PROXIMA

    ResponderEliminar