miércoles, 22 de mayo de 2013

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves, celebramos no cole o día das letras galegas. A celebración comezou cunha pequena homenaxe por parte do alumnado de 6º de primaria, a Roberto Vidal Bolaño, o autor ó que se lle adica este ano. Continuou co certame de Poesía, no que fomos participes coa nosa poesía, titulada "POESÍA" creada por todos os compañeiros e compañeiras de educación infantil. Tamén puidemos escoitar como recitaban os alumnos premiados dos distintos ciclos de Primaria.
Pero o día non rematou aquí, despois dunha pequeniña parada para recuperar forzas tomando a nosas parvas, chegaron "Os Fenómenos", que amenizaron este fin de desta, con algunhas pezas propias do noso folclore.


Moitas grazas os Fenómenos pala vosa colaboración.

1 comentario:

  1. AYYYY QUE GUAPA MIÑA PARRULA, BUENO TODOS EN XERAL ESTUPENDOS, DE SEGURO O FIXERON MOI BEN, TODOS UNS PROFESIONAIS DO ESCEARIO

    ResponderEliminar