lunes, 17 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O martes, fomos de excursión á Casa do Queixo, para nós a primeira excursión na que comemos fóra do cole. O día comezou con moita ilusión, dende o momento que montamos no autobús.
Unha vez na Casa do Queixo puidemos aprender moitas cousas:  de onde ven a la e os pasos a seguir para facer un xersei, como coidar e alimentar ós animais que viven na granxa, a facer pan, a facer queixo,... Tamén foi un día de moitos xogos, no que acabamos esgotados, algúns de nós ata quedamos durmidos no camiño de volta.

1 comentario:

  1. QUE SITIO MAIS CHULO, QUE VEN O PASARON, PERO SIN DUDA O MAIS BONITO SON AS TERNAS FOTOS DOS NENOS DURMINDO NO AUTOBUS, ESO E O RESULTADO DUN DIA CHEO DE EMOCIONS E DIVERSION. GRAZAS POR LEVALOS E FACERLLES PASAR UN DIA MARAVILLOSO

    ResponderEliminar