O xoves, a pesar de que o tempo non nos acompañaba, celebramos o día da paz.
Este ano facéndolle unha pequena homenaxe á figura de Nelson Mandela.
A festa comezou coa interpretación do alumnado de 6º , da obra musical da película de "Pocahontas". Continuou co baile da danza africana homenaxe a Mandela, que todos aprendemos coa profe Lara.
E por último a gran esperada solta de pombas, que xa é tradición no Couceiro.
QUE BONITO!!!! QUE PENA DO TEMPO PARA QUE NON PUIDERAMOS IR AS FAMILIAS. PERO UN HOMENAXE PRECIOSO
ResponderEliminar