lunes, 17 de marzo de 2014

COCIÑEIROS POR UN DÍA E VISITA AO MERCADO

Seguimos aprendendo sobre a alimentación e por iso a semana pasada tivemos dúas actividades relacionadas co tema. Por unha parte o martes convertémonos en cociñeiros para elaborar unha parva moi rica e saudable, unha macedonia, pasámolo moi ben preparando todo e o resultado foi como dicía a bolboreta Teo "exquisito".


 E aproveitando que preto do noso cole encontrase o mercado, o xoves fixemos unha pequena visita. Tivemos a sorte de contar con Cristina a mamá de Cris a nosa compañeira das tartarugas, que fixo de guía por todo o mercado. Grazas a ela coñecemos os distintos postos do mercado e os alimentos que alí atopamos. Ademais preparounos un xogo con preguntas sobre curiosidades dalgúns destes alimentos. Aprendemos moitísimo e pasámolo moi ben.
Moitísimas grazas Cristina, fixeches que gozaramos dunha visita moi divertida.

1 comentario:

  1. MOI BOA INICIATIVA!!!! ESTA XENIAL QUE APRENDAN A COMER BEN E DE TODO, PARA QUE VEXAN QUE OS PAPAS TEMOS RAZÓN CANDO NON LLES DEIXAMOS COMER SEMPRE O QUE QUEREN. E GRAZAS A CRISTINA POR FACER A VISITA O MERCADO FOI TODO UN EXITO

    ResponderEliminar