lunes, 12 de mayo de 2014

MAIO CHEGOU!

Coa chegada da primavera enchemos o cole de flores, para fabricar un ano mais o esperado maio.
 As bolboretas acompañadas polos xirasoles, fixemos a nosa achega creando dúas grilandas de calas moi chulas que as nosas familias colocaron no maio que nos axudaron a facer.
Unha vez rematado, xuntámonos con tódolos compañeiros no corredor do cole , para ensinar o maio e a canción que prepararamos para festexar o día.
Moitísimas grazas ás familias polas flores que empregamos e sobre todo a aqueles que nos axudaron a crear ese maio tan chulo que puidemos lucir.





No hay comentarios:

Publicar un comentario