miércoles, 12 de diciembre de 2012

DECORACIÓN DE NADAL

Non só chegou o Nadal á entrada do cole. Nos últimos días as bolboretas traballamos moito para encher de Nadal a nosa clase. E para celebralo ao grande convertémonos nuns simpáticos trasnos.
Cando a profe explicou que iamos poñer uns traxes de trasnos e colgarnos no corredor de infantil, a pregunta de Roi foi "pero despois báixasnos para ir para a casa non?" Pero cando, nos amosou como o iamos a facer, entendímolo a perfección. E era verdade, estamos colgados no corredor das aulas de educación infantil, pero non nós, as nosas fotos... Estamos moi guapos verdade?




E ademais de converternos en trasnos creamos unha árbore de Nadal moi orixinal... Para facela tivemos que pintar cartón con pinceis e témperas, facerlle buratiños co punzón nó cartón para colocar uns palillos e finalmente facer boliñas de plastilina de cores para que a nosa árbore tivese adornos.
 Despois de todo este traballiño, que vos parece a nosa árbore?


1 comentario:

  1. OS TRASNOS ESTAN SIMPATIQUISIMOS,E A ARBORE E IDEAL GUSTAME MOITO AS IDEAS QUE TIBECHEDES PARA ADORNAR O COLE, QUE NON DIGAN QUE NON CURRADES, PORQUE VENSE TODOS MAOS A OBRA, NORABOA COMA SEMPRE UN BIQUIÑO

    ResponderEliminar