domingo, 23 de diciembre de 2012

VISITA DOS PAXES REAIS E FIN DE FESTA

O venres, foi o momento d actuar para as nosas familias. Máis nervios, pero cremos que non defraudamos...
E ao rematar a actuación e para despedir ben o trimestre, que podía ser mellor que unha gran comilona e un pouco de baile?



Pero non rematou así o día. Quedaba o máis importante, tiñamos que darlle a carta aos paxes dos Reis Magos, para que non se esquezan de traernos eses ansiados regalos. Despois dunha longa espera, puidemos entregarllas. Algunha bolboreta asustouse un pouco coa súa chegada e non a puido entregar, pero non vos preocupedes que a profe non se esqueceu de darlla e seguro que virán cargadiños de regalos.


2 comentarios:

  1. PERO QUE LARPEIROS, MENUDA FESTA FIXECHEDES!!!E ESOS REISES QUE MADRUGADORES, QUE RAPIDO PASARON POLO COLE.TODOS ESTUPENDO COMA SEMPRE. UN BIQUIÑO E BOAS FESTAS

    ResponderEliminar
  2. Vaia Festa!! Seguro q foron tan boiños q os Reyes Magos lles van traer moitas cousiñas a tod@s. Feliz Dia de Reyes!. Bikiños

    ResponderEliminar