A CLASE DAS BOLBORETAS
miércoles, 1 de julio de 2015
OS FENÓMENOS
Continuamos coa festa, un ano mais o grupo "Fenómenos" acudiron ao cole para deleitarnos coa súa música. nestas fotos podedes observar que ritmo teñen estas bolboretas e o ben que o pasamos.
Moitísimas grazas Fenómenos!!!
UN PEQUENO PASIÑO PARA PRIMARIA
Os últimos días de cole, non só foron de festa, tamén aproveitamos para ter o noso primeiro contacto con primaria. Por unha parte, xogamos varios días no que chamamos "o patio dos maiores", no que estivemos encantados. E por outra, visitamos a aula de 1º B , onde os nosos compis maiores contáronnos as súa experiencia en primaria, contestaron a todas as preguntas que tiñamos e ademais agasalláronnos cun pasaporte que teremos que traer cuberto en setembro.
Aínda que votaremos de menos a nosa etapa de infantil, xa nos sentimos de primaria.
Xa queda moi pouquiño!!!
lunes, 29 de junio de 2015
XOGOS POPULARES
Na última semana de cole non paramos.
Para comezar, o luns, tivemos unha xornada de xogos populares.
Mirade que ben o pasamos.
CRECEPELOS
Cando a profe nos ensinou a terra e as sementes, xa todos pensamos en que ese día tocaba plantar e encantounos a idea. Pero de súpeto colleu unhas medias, e non entendíamos de que se podía tratar.
Finalmente, explicounos en que consistía iso dos "crecepelos", e despois da súa preparación, auga e varios días ao sol, mirade que bonequiños máis chulos creamos.
domingo, 28 de junio de 2015
ÁLBUM BILINGÜE DOS DEPORTES
Un ano máis, coa profe Marga, convertémonos en exploradores para completar o álbum bilingüe, esta vez para aprender sobre os deportes.
Unha vez rematado o álbum entre todos os compis de infantil, chegou o momento da entrega de premios, acompañados como non, por un trofeo.
DERRADEIRO ANIVERSARIO
Este mes estivo de aniversario a bolboreta Daniela, a nosa compi xa ten 6 anos e coma sempre o celebramos no cole cunha grande festa.
Pasámolo moi ben bailando, cantando, e comendo unha torta riquísima.
Parabéns Daniela!!!
EXCURSIÓN A MARCELLE
Este ano a excursión de fin de curso, foi xenial, tratábase da visita con todo o alumnado do cole ao parque zoolóxico Marcelle. Aínda que o tempo non foi o mellor desexado, non impediu que gozaramos cos nosos compis dos diferentes animais e actividades moi divertidas como un espectáculo de monicreques.
Tivemos moitas dúbidas á hora de decidir o que máis nos gustou do día, pero os osos e os lobos tiveron moito éxito.
sábado, 6 de junio de 2015
DÚAS IRMANCIÑAS DE VISITA
Esta semana tivemos dúas sorpresas das familias.
Por unha parte, o martes, Gema e Aloia ( a nai e a irmá da bolboreta Roi) viñeron ao cole para que as coñeceramos. Con todo o que nos fala Roi de Aloia, xa case parecía que a coñecíamos, pero foi xenial poder vela e que puideramos aprender cousas novas da súa relación, encantounos ver como Roi facía rir a Aloia e quedamos abraidos cando Gema contou que Roi axudaba a cambiarlle o cueiro a súa irmanciña.
E o venres, visitounos Carla ( a irmá da bolboreta Daniela), que dentro duns mesiños xa vai formar parte do cole. Xa a vimos moi preparada, estivo con nós facendo un debuxo, xogando no encerado e ata tomando a parva.
ANIVERSARIOS MAIO
No mes de Maio, 3 bolboretas estiveron de aniversario e coma sempre non podería falta a celebración no cole. Cantamos, comemos, xogamos, bailamos e sobre todo rimos moito na festa. Parabéns Bruno, Sara e Teo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)