miércoles, 28 de noviembre de 2012

NUMERETE

Un novo compañeiro chega á nosa clase. Aínda que neste caso en forma de foto, a través dunha carta chegada do espazo.
Parece difícil de entender, pero é que a semana pasada estabamos tan tranquilos na asemblea, cando escoitamos como se movía a porta, miramos e atopamos un sobre verde debaixo dela, abrímola porta, pero non había ninguén...
Pensabamos que fora o carteiro o que nos mandaba unha carta. Pero cando a profe a abriu e a leu, descubrimos que non era así. Tratábase de NUMERETE, un novo amiguiño que viaxa coa súa nave polo espazo, en busca de novos planetas.
Ao día seguinte apareceu un novo sobre verde, nesta ocasión Numerete contounos que chegou ao planeta do número 1. O planeta chamábase así porque so había unha cousa de cada, unha casa, unha árbore, un camión, unha bolboreta, un habitante,... Numerete e mailo habitante fixéronse amiguiños e cando tivo que marchar o habitante regaloulle uns peliños, con forma de 1. Agora estará na súa nave polo espazo, en busca de novos planetas.
E nós esperamos, con moita ilusión, novas das súas aventuras.

Este é o noso amiguiño NUMERETE.


Como podedes observar, xa ten o agasallo do habitante do planeta 1

sábado, 24 de noviembre de 2012

DE CONCERTO...

Esta semana non só tivemos as sorpresas de Güino. O martes, un grupo formado por cinco músicos sorprendéronos cun concerto de vento metal. Ademais de deleitarnos con varias cancións, coñecemos algúns instrumentos de vento: as trompetas, o saxofón, a tuba e o trombón.


              

Nótase que somos os pequeniños do cole. Que era iso da Pantera Rosa e os Picapedra?

lunes, 19 de noviembre de 2012

XA COÑECEMOS A GÜINO

Hoxe, cando chegamos ao cole, a profe contounos que tiñamos unha sorpresa, que iamos coñecer a un amiguiño do cole, que aínda non foramos a visitar. Tratábase de Güino, a mascota da biblioteca, que quería amosarnos a nova decoración. Algúns de nós xa escoitáramos falar del, outros tiñamos algo de medo, porque non sabíamos como era.
 E cando rematou o recreo, preparamos o tren e alí fomos.


 Cando chegamos á biblioteca estaba esperándonos o profe Julio, porque ademais de coñecer a Güino. Julio tiña outras dúas sorpresas preparadas para nós e para a clase dos xirasoles.



Unha das sorpresas era unha canción e a outra un conto "a escaleira".
Mirade que atentos estabamos, encantounos, moitas grazas profe Julio.


sábado, 10 de noviembre de 2012

DÍA DO PEÓN

Como xa é habitual no Couceiro, onte celebramos o "día do peón". Comezamos a mañá dándolle cor a un debuxo conmemorativo deste día; continuamos vendo uns vídeos onde se amosaban as cousas que tanto nenos como maiores podían facer cos peóns, para o noso compañeiro Teo algúns eran heroes por todo o que conseguían facer coa buxaina. E por fin chegou o momento máis esperado, o de saír a bailalos ao patio, onde nos esperaban as nosas familias, para axudarnos a facelo.

Aquí poderedes ver algunhas fotos da celebración, de como intentamos bailar o peón, aínda que non todos tivemos éxito. Polo de agora non dominamos moito a técnica, pero aprenderemos...



Mentres o conseguimos, sempre poderemos botar man da nosa imaxinación para realizar xogos alternativos.

 


Moitas grazas ás familias que viñeron a celebrar con nós este día

viernes, 2 de noviembre de 2012

AS BOLBORETAS CELEBRAMOS O MAGOSTO

Desde que comezamos coa preparación do noso porta-castañas, estivemos impacientes pola chegada da nosa primeira festa con todo o alumnado do cole. Cada día comezábamos a asemblea preguntándolle á profe se faltaban moitos días para "a festa das castañas". E por fin, chegou o día: bailamos, comemos castañas, xogamos e ata apareceu a profe Geni disfrazada de bruxa, pero non nos asustou nadiña.


SAMAÍN!!

Nos últimos días, estivemos preparando a decoración para a festa de Samaín, a máis "terrorífica" do cole. Creamos unhas pantasmas que dan moito medo...

Non so traballamos no cole. As bolboretas, na casa, axudadas polas súas familias crearon unhas cabazas moi divertidas. Xuntamos as nosas cabazas coas dos demais compis do cole e creamos unha entrada ao centro moi terrorífica...




E por fin temos a nosa primeira foto de grupo, estamos moi guapos, verdade?


Grazas ás familias pola colaboración.