sábado, 10 de noviembre de 2012

DÍA DO PEÓN

Como xa é habitual no Couceiro, onte celebramos o "día do peón". Comezamos a mañá dándolle cor a un debuxo conmemorativo deste día; continuamos vendo uns vídeos onde se amosaban as cousas que tanto nenos como maiores podían facer cos peóns, para o noso compañeiro Teo algúns eran heroes por todo o que conseguían facer coa buxaina. E por fin chegou o momento máis esperado, o de saír a bailalos ao patio, onde nos esperaban as nosas familias, para axudarnos a facelo.

Aquí poderedes ver algunhas fotos da celebración, de como intentamos bailar o peón, aínda que non todos tivemos éxito. Polo de agora non dominamos moito a técnica, pero aprenderemos...



Mentres o conseguimos, sempre poderemos botar man da nosa imaxinación para realizar xogos alternativos.

 


Moitas grazas ás familias que viñeron a celebrar con nós este día

1 comentario:

  1. CREO QUE POLO DE AGORA QUEDAREMONOS COS XOGOS ALTERNATIVOS.ESTIVO XENIAL PODER COMPARTIR ESOS MOMENTOS COS NOSOS PEQUERRECHOS. GRAZAS COMO SEMPRE AS PROFES POR ORGANIZARNOS ESTOS MOMENTOS PARA OS PAPAS

    ResponderEliminar