miércoles, 28 de noviembre de 2012

NUMERETE

Un novo compañeiro chega á nosa clase. Aínda que neste caso en forma de foto, a través dunha carta chegada do espazo.
Parece difícil de entender, pero é que a semana pasada estabamos tan tranquilos na asemblea, cando escoitamos como se movía a porta, miramos e atopamos un sobre verde debaixo dela, abrímola porta, pero non había ninguén...
Pensabamos que fora o carteiro o que nos mandaba unha carta. Pero cando a profe a abriu e a leu, descubrimos que non era así. Tratábase de NUMERETE, un novo amiguiño que viaxa coa súa nave polo espazo, en busca de novos planetas.
Ao día seguinte apareceu un novo sobre verde, nesta ocasión Numerete contounos que chegou ao planeta do número 1. O planeta chamábase así porque so había unha cousa de cada, unha casa, unha árbore, un camión, unha bolboreta, un habitante,... Numerete e mailo habitante fixéronse amiguiños e cando tivo que marchar o habitante regaloulle uns peliños, con forma de 1. Agora estará na súa nave polo espazo, en busca de novos planetas.
E nós esperamos, con moita ilusión, novas das súas aventuras.

Este é o noso amiguiño NUMERETE.


Como podedes observar, xa ten o agasallo do habitante do planeta 1

1 comentario:

  1. JAJAJA QUE GUSTO QUE OS NOSOS NENOS TEÑAN O PRIVILEXIO QUE LLE ENSEÑEDES AS COUSIÑAS DUNHA FORMA TAN ORIXINAL E DIVERTIDA, SODES UN EQUIPO ESTUPENDO. UN BIQUIÑO

    ResponderEliminar