miércoles, 18 de marzo de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O venres, visitamos unha vez mais a Biblioteca Municipal. 
Unha vez alí, Alexandre (o bibliotecario da vila), lembrounos o seu funcionamento e convidounos a visitalo coas familias polas tardes. Ademais, puidemos gozar do conto " Señorita Pluma".
 E para despedirnos, unhas voltiñas ao noso amigo o sereo.
Ata pronto!



miércoles, 11 de marzo de 2015

XA COÑECEMOS A LOIS

Dende que naceu Lois, o irmanciño da bolboreta Teo, as súas historias estiveron moi presentes na clase. Todos, pero sobre todo Teo, tiñamos moitas ganas de que chegara o momento da súa visita. 
E por fin, esta semana apareceu Lois, acompañado da súa nai Esther. 
Esther e Teo contáronnos moitas cousas del, ( como come, con que lle gusta xogar, como durme, como lle cambian o cueiro moi moi rápido,...) xa que aínda que Lois intentaba falar á súa maneira, queda un pouquiño para que o poidamos entender. Tamén Teo ensinounos como fai para que Lois se divirta e non pare de rir.
Grazas a Lois e Esther por facernos esta visita.



 


CONTACONTOS DE KALANDRAKA

O venres visitamos a biblioteca, acompañados por xirasoles, elefantes e dinosauros, para gozar un ano mais duns contos moi animados ( " Sacapenas", " Tío lobo" e " Bechos") achegados da man de Álex e Patri. Pero non só escoitamos os contos que Patri nos contou, tamén cantamos, escoitamos a música do acordeón de Álex e sobre todo rimos moitísimo.
E ademais tivemos a sorte de recibir un agasallo da man de Patri, un boneco sacapenas que se quedará con todos nós para escoitar os nosos medos e preocupacións.