martes, 26 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

O xoves, con motivo da celebración do día da `poesía, Guino convidounos a escoitar un conto titulado "Frederick" interpretado por compañeiros maiores do noso cole. Grazas Guino, por esa invitación, encantounos.



A SORPRESA DE IAGO

O martes, Iago tíñanos preparada unha sorpresa para a clase de música "un instrumento novo".
Deunos un concerto en directo, interpretando cancións como o "Himno da alegría" e "Debaixo de un botón".
Gustounos moito a todos e as demais bolboretas tamén puidemos tocar as notas musicais.



Grazas a Iago e a súa mamá, por esta sorpresa. 
E grazas tamén á profe Lara por esas clases de música nas que aprendemos tanto.

TITO

Nas últimas semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre o corpo. E para axudarnos a facelo, creamos un novo amiguiño, que xa forma parte da clase das bolboretas. Primeiro chamabámoslle Hugo, porque o creamos grazas á súa silueta, pero para que non houbera confusión, finalmente decidimos chamarlle Tito.


miércoles, 20 de marzo de 2013

DE EXCURSIÓN!

O luns, tivemos a nosa primeira excursión. Fomos contentísimos á "Cada do mel", en Goente.
A emoción xa comezou coa viaxe en autobús, para algúns de nós por primeira vez. E coa chegada á Casa do mel, foi mellorando cada vez máis o día. Estas son algunhas das cousiñas que fixemos: creamos a nosa propia colmea con debuxos de abellas, escoitamos cousiñas moi interesantes sobre estes animais tan pequeniños, algúns de nós probamos o mel, buscamos a abella raíña nunha colmea, fabricamos a nosa propia vela,...
Como podedes ver, non paramos. E pasámolo moi ben. Só pasaron dous días e xa temos moitísimas ganas de que chegue a próxima excursión...

lunes, 11 de marzo de 2013

A VISITA DE PABLO, O APICULTOR

O venres, tivemos unha gran sorpresa, a visita de Pablo, un apicultor de verdade. Grazas a Pablo aprendemos moitas cousas destes pequenos animaliños. Aprendemos cousiñas como: que tipos de abellas viven nun panal, cantos ollos teñen ( algo que nos pareceu moi interesante), que nun panal só hai unha raíña,... Ademais ensinounos a roupa que emprega para que as abellas non lle piquen, o polen, e ata trouxo mel, para que a probaramos, estaba boísima e algúns de nós, hoxe repetimos na hora da parva.


Visita apicultor - diapositivas
 
Moitas grazas a Pablo, por esta visita e á mamá da xirafiña Ana por poñernos en contacto en el.

lunes, 4 de marzo de 2013

ROSALÍA DE CASTRO

O venres, volvemos visitar a biblioteca. Nesta ocasión, para conmemorar que hai 150 anos, que Rosalía de Castro escribiu " Cantares Galegos". Para celebralo o profe Julio falounos un pouquiño da escritora, visualizamos o seu poema " Parece unha rosa" e por último vimos un vídeo no que os maiores do cole recitaban " Campanas de Bastabales". Mirade que atentos estabamos ás explicacións, moitas grazas profe Julio.

 

 
 

 

TORMENTA DE INVERNO

O corredor de infantil está cheo da decoración invernal. E as bolboretas quixemos participar con estas bonitas nubes de tormenta.

                 
 

OS NOSOS NOMES

A semana pasada, chegou un novo cartel para a nosa clase. Tratábase do cartel dos nosos nomes. Aínda que os nomes xa os tiñamos nas mesas, nas perchas, na lista do encargado,... A partir de agora, cando comezamos un traballiño novo, somos nós os encargados de escribilo. Algúns de nós xa estabamos acostumados, pero para outros foi unha novidade. O primeiro consiste en encontrar o noso nome no cartel e despois a "escribir". Esta foi a primeira proba que fixemos o mércores.