domingo, 17 de noviembre de 2013

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Seguro que nas casas das bolboretas xa escoitaron falar de Arcimboldo. 
Pois fai uns días xuntámonos cos nosos compañeiros, os xirasoles, para coñecer e aprender quen foi ( un pintor italiano que creou cadros moi orixinais, para os que empregaba elementos recollidos da natureza: froitas, legumes, verduras,...)
Este pintor serviranos de guía, para representar as estación ao longo do curso. Xa estamos a preparar o outono, convertíndonos nuns artistazos igual que Arcimboldo. Pronto amosarémosvos os resultados. 
Deixámosvos esta presentación para que a poidades visualizar e comentar nas casas.

DÍA DO PEÓN

O luns, celebramos no cole o tradicional "Día do peón" no que realizamos unha xornada de portas abertas, na que as familias visitaron o cole para axudarnos a bailar os nosos peóns.
 Para nós aínda é un pouquiño complicado, pero co tempo aprenderemos a facelo moi ben e mentres o conseguimos, puidemos gozar dun gran día, moi ben acompañados.

FROITOS DE OUTONO

Nas últimas semanas na hora da parva, estivemos coñecendo e  probando algúns froitos secos e froitas propias de esta estación. Algúns xa eran moi coñecidas para nós, pero outros sorprendérenos, especialmente o sabor, como o da granada ou o do caqui. Aquí poderedes ver as caras que puxemos cando os probamos.

jueves, 14 de noviembre de 2013

XA COÑECEMOS A OLIVER

Hai uns meses que a bolboreta Paulo, tivo un irmanciño, Oliver. Tanto Paulo como todas as demais bolboretas tiñamos moitas ganas de presentarlle a nosa clase. Bertila, a mamá, cumpriu o noso desexo e trouxo a Oliver para que todos o puideramos coñecer.
 Aínda que Paulo xa nos contara moitas cousas do seu irmán, quedaran algunhas dúbidas que lles puidemos preguntar ese mesmo día a el e a Bertila. Esperamos que a Oliver lle gustara moito a nosa clase e que dentro duns aniños o vexamos no cole.


  



Moitas grazas Bertila.

lunes, 4 de noviembre de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO

Despois de tanto tempo esperando, por fin chegou a celebración do Samaín e o Magosto. 
O martes trouxemos ao cole as nosas terroríficas cabazas que preparamos coa axuda das nosas familias. Cada un de nós, ensinou a súa e explicou como axudou a preparala. 
Estas foron as creacións, dan moito medo.


E o mércores, "día da festa" . Comezou co baile da " Danzas das Meigas da Fraga" que aprendemos coa profe Lara, e despois a comer castañas, este ano coa axuda das familias que puideron acompañarnos.