lunes, 4 de noviembre de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO

Despois de tanto tempo esperando, por fin chegou a celebración do Samaín e o Magosto. 
O martes trouxemos ao cole as nosas terroríficas cabazas que preparamos coa axuda das nosas familias. Cada un de nós, ensinou a súa e explicou como axudou a preparala. 
Estas foron as creacións, dan moito medo.


E o mércores, "día da festa" . Comezou co baile da " Danzas das Meigas da Fraga" que aprendemos coa profe Lara, e despois a comer castañas, este ano coa axuda das familias que puideron acompañarnos.


2 comentarios:

  1. ENTRE MEIGAS , CABAZAS TERRORIICAS E CASTAÑAS TODO XENIAL, E A FOTO MONTAXE COAS FAMILIAS E PRECIOSO MOITAS GRAZAS PROFE

    ResponderEliminar
  2. Que contentos estan coas súas cabazas. Están todos moi guapos cos seus gorros de brux@. Grazas o bon tempo que fixo poidemos ver e disfrutar dos nosos fill@s vendos bailar e cantar e hasta velos pelar e comer as castañas que simpáticos estaban. Grazas polas fotos en familia é un bó recordó. Unha vez máis Grazas

    ResponderEliminar