miércoles, 26 de febrero de 2014

DERRADEIRO MANDADIÑO DE MANOLO

Os mandadiños de Manolo xa chegan ao seu fin.
 Para mañá: " O xoves Lourenzo chegará e o con gafas de sol te verá. Mi madriña Manolo, con este look como molo! "



martes, 25 de febrero de 2014

ÚLTIMOS DETALLES PARA O ENTROIDO

Xa case chega o día da festa, e para completar o noso disfrace deixámosvos algunhas ideas para a maquillaxe da cara.
Son só ideas, cada quen pode facelo como máis lle guste.
                       
               
 Decatádevos de que levaremos unha diadema que cubre a fronte, polo que non ten que vir maquillada. Para que poidamos suxeitar ben a diadema, que traian un par de pinzas ou prendedores do pelo a maiores. Moitas grazas!! Feliz Entroido!!

SEGUINTE MANDADIÑO

Xa temos novo mandadiño:  " O mércores o sol está xa a quentar, trae un gorro para non te queimar". Así que para mañá xa sabedes, todos con gorro. E mentres chega un novo día, deixámosvos dúas fotiños do guapos que viñemos hoxe, con camisetas e bermudas.

        

lunes, 24 de febrero de 2014

2º MANDADIÑO

Cumprimos moi ben o mandadiño de Manolo, xa que hoxe todos chegamos ao cole con aires de verán, ataviados cunhas camisetas moi chulas.
 Pero Manolo non descansa e xa tiña preparado o 2º: 
 "Aínda que teñas as pernas peludas, o martes virás en bermudas".


QUE MAIORES!

Hoxe celebramos novos aniversarios. Esta vez tratábase dos maiores da clase: Iago, Roi e Paulo, que estrearon cifra nova e xa teñen 5 aniños. Puxémonos as botas cunha torta riquísima, moitos de nós, ata quixemos repetir. E despois... a bailar! Pasámolo moi ben. 


sábado, 22 de febrero de 2014

1º MANDADIÑO DE MANOLO

Xa queda moi pouquiño para que comecemos a semana de entroido no Couceiro.
 E como todos os anos aparece o esqueleto Manolo cos seus mandadiños. Xa temos o primeiro, que di:
 "Ao bo tempo chamaremos, se desta guisa aparecemos. O luns virás cunha camiseta de verán, sexa túa ou do teu curmán"

KALANDRAKA CÓNTANOS CONTOS

O mércores, visitamos a biblioteca de Guino e atopámonos cunha sorpresa moi especial. 
Alí estaban Patri e Alex, preparados para contarnos contos. 
Patri contounos uns contos moi chulos, algúns xa os coñeciamos e outros sorprendéronnos ("Mamá", "Con p de papá", "Boas noites, Bufo!" e "Onde viven os monstros"). Ademais tamén puidemos escoitar como Alex tocaba o acordeón e cantar unhas canción moi divertidas.

 

 

jueves, 20 de febrero de 2014

A GRAN FINAL DO TORNEO DE BOLOS

O luns, por fin, tivo lugar a gran final do torneo de bolos, que preparamos coa profe Geni. Para iso xuntámonos cos nosos compañeiros, os xirasoles. 
A final debutouse entre os equipos gañadores de cada clase. Como representantes dos xirasoles, o equipo "espejito mágico" ( Daniel, Senai, Adriana, Sabela, Alba, Santi e Mencía) e como representantes das bolboretas, o equipo "pelotas" ( Daniela, Vaelntina, Hugo, Iago, Carol, Desi y Roi).
Foi un momento moi divertido, de moitos nervios e emocións. Aínda que só uns poucos foron os que tiraron bolos, todos estivemos moi emocionados, xa que non parabamos de animar.
Finalmente o resultado foi de 33 bolos derribados para os xirasoles e 29 para as bolboretas. A diferencia foi moi pequena, pero saíron vencedores os xirasoles. Pero non pasa nada porque como xa sabemos o importante non e gañar, senón participar.

QUE ARTISTAS!

As bolboretas convertémonos nuns grandes artistas! A semana pasada creamos os nosos propios cadros do inverno como Arcimboldo. Para iso empregamos un material que nos encanta, as acuarelas. pasámolo moi ben converténdonos en pintores por un día. Mirade que bonitos quedaron os nosos cadros.

lunes, 10 de febrero de 2014

A CLASE DOS ORDENADORES. QUE MAIORES!

A semana pasada, a profe Paula sorprendeunos. A nosa clase de informática foi por primeira vez na aula dos maiores. Encantounos, estivemos moi atento as explicacións da profe e estamos desexando poder volver. 

  

 

Grazas Paula.

lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

O xoves, a pesar de que o tempo non nos acompañaba, celebramos o día da paz. 
Este ano facéndolle unha pequena homenaxe á figura de Nelson Mandela. 
A festa comezou coa interpretación  do alumnado de 6º , da obra musical da película de "Pocahontas". Continuou co baile da danza africana homenaxe a Mandela, que todos aprendemos coa profe Lara. 
E por último a gran esperada solta de pombas, que xa é tradición no Couceiro.