viernes, 26 de abril de 2013

LEVAMOS OS XIRASOLES!

O martes, saímos do cole contentísimos, pois levábamos os nosos xirasoles, que xa están preparados para ser transplantados nas nosas casas. Onde teremos que seguir coidándoos moito, para que saian unhas fermosas flores.

AS MOCHILAS DE GÜINO

A semana pasada, Güino (a mascota da biblioteca), tiña preparado para nós un gran regalo. Tratábase dunhas mochilas que utilizaremos para levar contos da biblioteca do cole. Eses contos poderémolos ver durante todo o  fin de semana, coas nosas familias.
 O venres saímos encantados do cole, contándollo ás nosas familias e o luns na asemblea todos queríamos contar o que acontecía no noso conto.


lunes, 22 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

O pasado xoves, despois dunha larga espera mirando todos os días o calendario, por fin tivemos a gran sorpresa que nos tiña preparada Alma, a mamá de Iago
. Tratábase dun concerto didáctico acompañado de monicreques, no que Alma e Loreto interpretaban a música de Tchaikovsky ( música que estivo traballando con nós a profe Lara, nas últimas semanas).
Con ela puidemos viaxar xunto coas personaxes do conto de Hoffmann a Exipto, Rusia e China.
Encantounos!
Moitísimas grazas Alma e Loreto.


NOVA PLANTACIÓN DE XIRASOLES

Mentres as plantas da nosa clase van crecendo pouco a pouco, decidimos plantar máis, esta vez no xardín do noso patio. Pero non o fixemos sós, xuntámonos cos nosos compañeiros "os xirasoles", e plantamos novas sementes de xirasol.


Xirasoles 2 - foto montaje

Moitas grazas a Diego, que axudou moito na preparación do xardín.

UN CONTO ESPECIAL

Fai uns días, a profe Marga, apareceu na nosa clase acompañada por Stephanie, que viña preparada para contarnos un conto moi especial. Tratábase dun conto sobre o noso amiguiño Teddy. 
Moitas grazas ás dúas profes.



lunes, 15 de abril de 2013

OS XIRASOLES

Cando esta mañá chegamos ó cole descubrimos como algúns dos nosos xirasoles comezaban a brotar.
O xoves, foi o gran día, coas nosas sementes, terra e un pouquiño de auga, preparamos a nosa sementeira. Estes días seguiremos coidándoas e observando o que pasa. 

"SILBO GOMERO"

O venres, tivemos unha visita moi especial. Rogelio Botanza, un cantautor e mestre de "silbo gomero", acompañado por dous dos seus alumnos. Amosounos outra forma para comunicarnos que descoñecíamos, empregada polos habitantes da Gomera, para comunicarse a través de grandes distancias.
Estabamos abraiados por como se entendían a través dos asubíos; e ata conseguimos entender frases sinxelas.



sábado, 13 de abril de 2013

EUMEOLIMPíADAS!

Esta semana, os maiores do cole, están participando nas eumeolimpíadas cos demais coles do concello. A nós aínda nos quedan uns poucos aniños para participar. Pero non quixemos perder a ocasión para observalos e ademais poder visitar o pavillón do cole por primeira vez. Puidemos ver como xogaban ó balonmán e aplaudimos con forza cando marcaban gol. E como despedida, bailamos o " oppa ganggam style" cos maiores.



miércoles, 3 de abril de 2013

NOVOS ANIMALIÑOS

Hoxe tivemos dúas sorpresas, por unha parte o noso compañeiro Iago sorprendeunos traendo cágados que encontrou nunha charca. Estaba moi ben informado e ensinouno moito sobre estes pequenos animaliños, pola tarde soltaranos outra vez na charca, esperemos que se convertan nunhas fermosas ras.  


E os outros animaliños que puidemos coñecer, son os vermiños de seda. Polo de agora, acaban de saír dos ovos e son moi pequeniños, case non os víamos. Pero pouco a pouco observaremos como medran ata converterse en bolboretas. Para axudarnos a alimentar a estes vermiños, poderedes traer follas de moreira, agradecerémolo.


lunes, 1 de abril de 2013

PARABÉNS ÁLVARO!

A bolboreta Álvaro, xa ten 4 aniños e no cole quixémolo celebrar. Pasámolo moi ben e puidemos comer torta e unhas galletas personalizadas cos nosos nomes. Estaba todo boísimo.



 Moitas grazas ós papis de Álvaro, estaba todo moi rico.