lunes, 23 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS!

As bolboretas desexámosvos que pasedes unhas felices festas e unha boa entrada no 2014.


Vémonos o 9 de Xaneiro.

FESTIVAL DE NADAL

A semana pasada dimos por finalizado o primeiro trimestre do curso. 
E que mellor maneira para facelo que cun grande festival? 
Despois de tantos ensaios, vestidos de trasniños subimos ao escenario para ensinar ás familias e ós compañeiros, como Papá Noel atopou os calzóns que dous trasniños moi travesos esconderon. 
Nós pasámolo moi ben coa actuación e esperamos que puiderades gozar véndonos.


                                           Despois das actuación tivemos unha visita moi especial.
                       Os Paxes Reais viñeron  buscar as nosas cartas, para levarllas ós Reis Magos. 
                                                                        Que ilusión!
E para finalizar o día, a comer...
 Tivemos unha parva moi especial, con patacas, gusanitos, turrón,... 
Que rico estaba todo!

  

jueves, 19 de diciembre de 2013

AGORA SI QUE SOMOS A CLASE DE 4 ANOS

O luns, celebramos os últimos aniversarios do 2013. E agora si que podemos dicir que todos temos 4 aniños. Fixemos unha pequena festa, na que puidemos saborear uns doces moi ricos, con bolboreta incluída. Parabéns Desi, Manuel, Vega e Ximena.


Moitas grazas ás familias.

A ÁRBORE DE NADAL

Na entrada do cole temos unha grande árbore de Nadal!
Para a súa creación, todos os peques de infantil, trouxeron uns adorniños
 que puideron facer con material de refugallo, acompañados das súas familias. 
Que árbore máis orixinal, verdade?


domingo, 17 de noviembre de 2013

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Seguro que nas casas das bolboretas xa escoitaron falar de Arcimboldo. 
Pois fai uns días xuntámonos cos nosos compañeiros, os xirasoles, para coñecer e aprender quen foi ( un pintor italiano que creou cadros moi orixinais, para os que empregaba elementos recollidos da natureza: froitas, legumes, verduras,...)
Este pintor serviranos de guía, para representar as estación ao longo do curso. Xa estamos a preparar o outono, convertíndonos nuns artistazos igual que Arcimboldo. Pronto amosarémosvos os resultados. 
Deixámosvos esta presentación para que a poidades visualizar e comentar nas casas.

DÍA DO PEÓN

O luns, celebramos no cole o tradicional "Día do peón" no que realizamos unha xornada de portas abertas, na que as familias visitaron o cole para axudarnos a bailar os nosos peóns.
 Para nós aínda é un pouquiño complicado, pero co tempo aprenderemos a facelo moi ben e mentres o conseguimos, puidemos gozar dun gran día, moi ben acompañados.

FROITOS DE OUTONO

Nas últimas semanas na hora da parva, estivemos coñecendo e  probando algúns froitos secos e froitas propias de esta estación. Algúns xa eran moi coñecidas para nós, pero outros sorprendérenos, especialmente o sabor, como o da granada ou o do caqui. Aquí poderedes ver as caras que puxemos cando os probamos.

jueves, 14 de noviembre de 2013

XA COÑECEMOS A OLIVER

Hai uns meses que a bolboreta Paulo, tivo un irmanciño, Oliver. Tanto Paulo como todas as demais bolboretas tiñamos moitas ganas de presentarlle a nosa clase. Bertila, a mamá, cumpriu o noso desexo e trouxo a Oliver para que todos o puideramos coñecer.
 Aínda que Paulo xa nos contara moitas cousas do seu irmán, quedaran algunhas dúbidas que lles puidemos preguntar ese mesmo día a el e a Bertila. Esperamos que a Oliver lle gustara moito a nosa clase e que dentro duns aniños o vexamos no cole.


  



Moitas grazas Bertila.

lunes, 4 de noviembre de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO

Despois de tanto tempo esperando, por fin chegou a celebración do Samaín e o Magosto. 
O martes trouxemos ao cole as nosas terroríficas cabazas que preparamos coa axuda das nosas familias. Cada un de nós, ensinou a súa e explicou como axudou a preparala. 
Estas foron as creacións, dan moito medo.


E o mércores, "día da festa" . Comezou co baile da " Danzas das Meigas da Fraga" que aprendemos coa profe Lara, e despois a comer castañas, este ano coa axuda das familias que puideron acompañarnos.


jueves, 31 de octubre de 2013

PARABÉNS XIMENA

Queda moi pouquiño para que todas as bolboretas cumpran os 4 anos. Este mes tocoulle a Ximena e o luns foi o día elixido para celebralo todos xuntos. Tomamos unha torta moi rica, cantamos, bailamos,...


Moitísimas grazas á familia de Ximena. 

lunes, 28 de octubre de 2013

MINICONTO DE MEDO

Para celebrar o Samaín, no cole, vaise crear un libro con pequenos contos de medo.
 As bolboretas, non quixemos perder a oportunidade e xa temos aquí a nosa historia. 
Pasámolo moi ben creándoa e aquí tedes o resultado.
 

jueves, 24 de octubre de 2013

AS NOSAS PANTASMAS

Xa queda pouquiño para a celebración do Samaín. Que ben! 
E para ambientar o cole, creamos unhas pantasmas que dan moito medo.
Mirade que chulas quedaron e que cariñas poñemos para asustar.

  

O PORTA-CASTAÑAS PARA O MAGOSTO

As bolboretas estamos desexando volver a celebrar ao magosto no cole. Para iso pedímosvos ás familias a vosa colaboración. Necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos as caras menos unha das máis anchas, coma na foto) para facer o noso porta-castañas para a festa. Moitas grazas!

lunes, 21 de octubre de 2013

NOVA CARTA DE NUMERETE

Os últimos días as bolboretas estaban moi preocupadas, porque facía moito tempo que non recibiamos noticias de Numerete, entre todos escribímoslle unha carta. E non tardou nada en contestar con novas das súas viaxes. Nesta ocasión viaxou ao planeta do número 4, de onde nos trouxo un pequeno regalo coa forma deste novo número. Seguiremos moi pendentes de que cheguen máis cartas do noso amiguiño.

          

jueves, 3 de octubre de 2013

DÍA CHEO DE EMOCIÓNS

Hoxe, cando chegamos ao cole, sorprendémonos moitísimo cunha noticia. O noso compañeiro Santi, ten que cambiar de cole, puxémonos moi triste, porque o vamos a estrañar moito. E para que sempre se acorde de nós decidimos prepararlle entre todos un pequeniño agasallo.
Cando estaba acabando a mañá, Santi veu a despedirse e puidémoslle ensinar o que fixeramos cada un de nós.
 Gustoulle moito. 

                   

 Santi, esperamos verte pronto.


Ademais, tamén tivemos a visita de Álvaro, un alumno de 5º de primaria, que participou na nosa clase léndonos un conto moi divertido.
Comeza así a lectura semanal dos maiores nas aulas de educación infantil.
Que terá lugar todos os xoves, despois do recreo. 


E para rematar, tamén fomos (por primeira vez este curso) a visitar a Guino, a mascota da biblioteca. Onde cada xoves, iremos a buscar un libro que levaremos para as nosas casas, para poder gozar del acompañados das nosas familias.

               

       

miércoles, 2 de octubre de 2013

PRIMEIROS ANIVERSARIOS DO CURSO

Este luns comezamos coas celebracións, nesta ocasión tratábase dos aniversarios de agosto e setembro. Carolina, Hugo, Manuela, Noa, Paula e Valentina xa teñen 4 aniños.
 Celebrámolo cunha parva riquísima, a base de torta, batidos e galletas personalizadas e cun baile moi divertido. Pasámolo moi ben e estaba todo boísimo. 
Parabéns bolboretas!


 Moitísimas grazas ás familias, outra vez máis, pola colaboración.

sábado, 28 de septiembre de 2013

O verán das bolboretas

Despois de dous meses sen vernos, tiñamos moitas aventuras que contarnos.E a mellor forma de facelo, a través de imaxes. Cada un de nós trouxo algunha foto das súas vacacións para explicarllas ós compis. E entre todos, decidimos facer un gran mural para decorar a "nova clase". 
Mirade que chulo.


Así o creamos.


Grazas as familias, por prestarnos estas fotos tan divertidas.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

PRIMEIROS DÍAS

Xa estamos de volta no cole!



Chegamos con moitísima ilusión, con ganas de volver a ver aos compis, de aprender, xogar,...
 Os primeiros días coñecemos a nosa nova clase, a de "4 anos", con algún problemiña para atopala cando entrabamos pola mañá e á volta do patio, pero con moita ilusión, pois " xa non somos os peques do cole".
 Outra gran novidade foi coñecer á nova bolboreta, a nosa compañeira Covadonga.
Deixámosvos algunhas fotiños deste primeiros días.

martes, 3 de septiembre de 2013

VOLVEMOS!!

Xa queda moi pouquiño para a volta ó cole, espero que as bolboretas xa se vaian preparando para o regreso.

 Déixovos unhas fotiños do noso último día, cando aínda eramos alumnos de 3 anos, no que asistimos ás graduacións dos peixiños, golfiños e o alumnado de 6º.

jueves, 20 de junio de 2013

O CIRCUÍTO

Xa queda moi pouquiño para o remate do curso, e por ese motivo, hoxe foi un día moi especial. 
Despois do recreo fomos ao patio dos maiores, onde tiñamos preparado un super-circuíto, formado por: aros, cordas, ladrillos, bancos, ,...
Pero a sorpresa non remataba así, o circuíto tiña premio, pois se o completabamos tres veces conseguiamos un agasallo da tómbola.
E todas as bolboretas foron co seu regaliño para a casa.

NOVAS BOLBORETAS NO COUCEIRO

Despois dunha pequena espera os nosos vermiños xa saíron dos seus casulos convertidos en bolboretas, para algúns de nós parecían vermes con alas, máis que fermosas bolboretas. Pero todos estivemos moi ilusionados coa súa aparición. 
Agora so nos queda esperar a que chegue a próxima primavera para ver que sae deses ovos pequeniños que puxeron as novas bolboretas.


ANIVERSARIOS DE XUÑO

A semana pasada celebramos os últimos aniversarios deste curso. Santiago e Daniela cumpriron xa 4 aniños, que maiores estas bolboretas. E como non podía ser de outra maneira, fixemos unha festa para celebralo na que comemos unha torta moi rica.



Moitas grazas ás familias de Daniela e Santiago.

lunes, 17 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O martes, fomos de excursión á Casa do Queixo, para nós a primeira excursión na que comemos fóra do cole. O día comezou con moita ilusión, dende o momento que montamos no autobús.
Unha vez na Casa do Queixo puidemos aprender moitas cousas:  de onde ven a la e os pasos a seguir para facer un xersei, como coidar e alimentar ós animais que viven na granxa, a facer pan, a facer queixo,... Tamén foi un día de moitos xogos, no que acabamos esgotados, algúns de nós ata quedamos durmidos no camiño de volta.

BATUCADA!

O pasado luns, o grupo " Fenómenos" volveunos a sorprender coa súa música, esta vez tratouse dunha batucada. Pasámolo moi ben escoitándoos, bailando e tocando as maracas que fabricamos coas familias.

jueves, 6 de junio de 2013

VISITA DE NALA

Onte tivemos unha visita moi especial. Chegou á nosa clase Lourdes (a mamá de Álvaro) acompañada de Nala, unha cadeliña moi boa, que desde fai moi pouco vive con Álvaro e a súa familia.
Estivemos todo o día desexosos desta visita e por fin chegou o momento, puidemos tocala e aprender algunha cousiña dos coidados deste animaliño. 
Moitísimas grazas Lourdes.


ÁLBUM BILINGÜE

Nas últimas semanas, todo o alumnado do cole estivo buscando flores polo corredor do centro para poder completar o álbum bilingüe, que como todos os anos preparan as profes de inglés Ana e Marga. 
Os nenos de infantil tamén puidemos participar completando un panel entre todos, axudados por Marga. 
O venres, o último día, repartíronse os agasallos e nós tamén tivemos o noso.
Este ano a encargada de repartilos foi Stephanie, a auxiliar de conversa, que tamén aproveitou para despedirse de todos, pois xa volve para a súa terra.




ANIVERSARIOS DE MAIO

O venres, celebramos que as bolboretas Bruno, Sara e Teo xa teñen 4 aniños, que maiores.
 Pasámolo moi ben e estaba todo riquísimo.


Moitas grazas ás familias pola colaboración.


jueves, 23 de mayo de 2013

"EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES"

O martes, tivemos a  nosa segunda excursión, esta vez fomos ó conservatorio de Ferrol.
Onde puidemos gozar dun concerto didáctico " E carnaval de los animales" de Camile Saint-Saëns. 
Había unha cara moi familiar para nós, pois alí estaba a mamá de Iago, tocando o piano. 
Pasámolo moi ben no concerto, escoitando música xa coñecida para nós, que levamos un tempo traballando coa profe Lara.


Moitísimas grazas a Alma e ós seus compañeiros por convidarnos e a profe Lara por organizarnos esta excursión tan divertida.

miércoles, 22 de mayo de 2013

OS NOSOS VERMIÑOS DE SEDA

Os nosos vermiños de seda, despois de comer e comer moitas follas de moreira, medraron moitísimo e hoxe puidemos observar como algúns deles xa desexan converterse en bolboretas, pois xa están fabricando os seus casulos.


Estes son dous vídeos que puidemos ver na clase, nos que observamos como comen os vermes e como fabrican os casulos.

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves, celebramos no cole o día das letras galegas. A celebración comezou cunha pequena homenaxe por parte do alumnado de 6º de primaria, a Roberto Vidal Bolaño, o autor ó que se lle adica este ano. Continuou co certame de Poesía, no que fomos participes coa nosa poesía, titulada "POESÍA" creada por todos os compañeiros e compañeiras de educación infantil. Tamén puidemos escoitar como recitaban os alumnos premiados dos distintos ciclos de Primaria.
Pero o día non rematou aquí, despois dunha pequeniña parada para recuperar forzas tomando a nosas parvas, chegaron "Os Fenómenos", que amenizaron este fin de desta, con algunhas pezas propias do noso folclore.


Moitas grazas os Fenómenos pala vosa colaboración.

domingo, 19 de mayo de 2013

MÁIS ANIMALIÑOS

Esta semana, foi Bruno o que nos sorprendeu traéndonos á clase uns cágado que atopou coa súa familia. Aínda que xa eran animaliños coñecidos para nós, pois fai uns días a bolboreta Iago, tamén nos sorprendera, fíxonos moita ilusión.


















Tiñamos moita curiosidade por saber como os cágados podían converterse en ras, buscamos no ordenador e atopamos estes dous vídeos, que nos axudaron a entendelo.


 
   

lunes, 6 de mayo de 2013

OS MAIOS

O pasado martes, celebramos por primeira vez os maios no cole. Para poder facelo trouxemos das nosas casas todo o que necesitabamos para a súa preparación: fiuncho, margaridas, calas, laranxas,... ata ovos. Nós preparamos cos nosos compañeiros os xirasoles dúas guirnaldas de laranxas moi chulas, que colocaron os nosos papis e mamis no gran maio de infantil.
Despois de todo o traballo, chegou o momento de pasear co noso maio polo corredor do cole e finalmente cantamos esa canción tan chula que estivemos ensaiando.


MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN E EN ESPECIAL A AQUELES PAPIS E MAMIS QUE SE ACERCARON AO COLE, PARA AXUDARNOS.

PARABÉNS LARA!

A última bolboreta en cumprir 4 aniños foi a nosa compañeira Lara e todos xuntiños quixemos celebralo no cole. Cantamos, bailamos e comemos uns doces moi ricos. Pasámolo moi ben...


Moitas grazas á familia de Lara pola colaboración.

miércoles, 1 de mayo de 2013

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO


A semana pasada foi o "día do libro" e as bolboretas celebrámolo asistindo a dúas obras de teatro moi especias, pois os actores eran os nosos compañeiros de 4º e 5º de primaria. Encantáronnos.

" O espantallo que quería cambiar de oficio" 5º B

 

" A verdadeira historia de Carapuchiña vermella" 4º

 
Parabéns compañeiros.

Se queredes ver as obras podédelo facer a través de celecofe.

viernes, 26 de abril de 2013

LEVAMOS OS XIRASOLES!

O martes, saímos do cole contentísimos, pois levábamos os nosos xirasoles, que xa están preparados para ser transplantados nas nosas casas. Onde teremos que seguir coidándoos moito, para que saian unhas fermosas flores.

AS MOCHILAS DE GÜINO

A semana pasada, Güino (a mascota da biblioteca), tiña preparado para nós un gran regalo. Tratábase dunhas mochilas que utilizaremos para levar contos da biblioteca do cole. Eses contos poderémolos ver durante todo o  fin de semana, coas nosas familias.
 O venres saímos encantados do cole, contándollo ás nosas familias e o luns na asemblea todos queríamos contar o que acontecía no noso conto.


lunes, 22 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

O pasado xoves, despois dunha larga espera mirando todos os días o calendario, por fin tivemos a gran sorpresa que nos tiña preparada Alma, a mamá de Iago
. Tratábase dun concerto didáctico acompañado de monicreques, no que Alma e Loreto interpretaban a música de Tchaikovsky ( música que estivo traballando con nós a profe Lara, nas últimas semanas).
Con ela puidemos viaxar xunto coas personaxes do conto de Hoffmann a Exipto, Rusia e China.
Encantounos!
Moitísimas grazas Alma e Loreto.


NOVA PLANTACIÓN DE XIRASOLES

Mentres as plantas da nosa clase van crecendo pouco a pouco, decidimos plantar máis, esta vez no xardín do noso patio. Pero non o fixemos sós, xuntámonos cos nosos compañeiros "os xirasoles", e plantamos novas sementes de xirasol.


Xirasoles 2 - foto montaje

Moitas grazas a Diego, que axudou moito na preparación do xardín.

UN CONTO ESPECIAL

Fai uns días, a profe Marga, apareceu na nosa clase acompañada por Stephanie, que viña preparada para contarnos un conto moi especial. Tratábase dun conto sobre o noso amiguiño Teddy. 
Moitas grazas ás dúas profes.