jueves, 22 de mayo de 2014

EXCURSIÓN AO XARDÍN

A semana pasada, aproveitando o bo tempo que tivemos, decidimos facer unha pequeniña excursión ao "xardín" o parque mais próximo ao cole. Onde tomamos a parva e pasámolo xenial xogando nos tobogáns, nos bambáns, na area,... E puidemos observar como dúas bolboretas voaban preto de nós.

lunes, 12 de mayo de 2014

COÑECEMOS A NUMERETA

Fai uns días tivemos novas noticias do noso amigo Numerete, que nos segue a contar a súas aventuras polos diferentes planetas. Mandounos dúas cartas: a primeira acompañada por unha foto da súa moza, Numereta,  que quere acompañalo nas súas viaxes polo espazo; e na segunda contounos a súa aventura nun novo planeta, o do "número 6", onde o pasaron moi ben coñecendo aos seus habitantes.
Esperamos con impaciencia a próxima carta.


MAIO CHEGOU!

Coa chegada da primavera enchemos o cole de flores, para fabricar un ano mais o esperado maio.
 As bolboretas acompañadas polos xirasoles, fixemos a nosa achega creando dúas grilandas de calas moi chulas que as nosas familias colocaron no maio que nos axudaron a facer.
Unha vez rematado, xuntámonos con tódolos compañeiros no corredor do cole , para ensinar o maio e a canción que prepararamos para festexar o día.
Moitísimas grazas ás familias polas flores que empregamos e sobre todo a aqueles que nos axudaron a crear ese maio tan chulo que puidemos lucir.





PARABÉNS LARA!

A bolboreta Lara, xa ten 5 aniños e fai uns días celebrámolo todos xuntos no cole, cunha gran festa. 
Despois de apagar as velas comemos unha torta riquísima e a bailar.
 Mirade que ben o pasamos.