Hai uns meses que a bolboreta Paulo, tivo un irmanciño, Oliver. Tanto Paulo como todas as demais bolboretas tiñamos moitas ganas de presentarlle a nosa clase. Bertila, a mamá, cumpriu o noso desexo e trouxo a Oliver para que todos o puideramos coñecer.
Aínda que Paulo xa nos contara moitas cousas do seu irmán, quedaran algunhas dúbidas que lles puidemos preguntar ese mesmo día a el e a Bertila. Esperamos que a Oliver lle gustara moito a nosa clase e que dentro duns aniños o vexamos no cole.
Moitas grazas Bertila.
Pasámolo moi ben! Moitas grazas.
ResponderEliminarSeguriño que foi unha gran experiencia para Paulo. Están moi guapos os tres. Un saúdo.
ResponderEliminarQUE GUAPOS!!!!! VIÑERON PARA A CASA TODOS EMOCIONADOS
ResponderEliminar