jueves, 3 de octubre de 2013

DÍA CHEO DE EMOCIÓNS

Hoxe, cando chegamos ao cole, sorprendémonos moitísimo cunha noticia. O noso compañeiro Santi, ten que cambiar de cole, puxémonos moi triste, porque o vamos a estrañar moito. E para que sempre se acorde de nós decidimos prepararlle entre todos un pequeniño agasallo.
Cando estaba acabando a mañá, Santi veu a despedirse e puidémoslle ensinar o que fixeramos cada un de nós.
 Gustoulle moito. 

                   

 Santi, esperamos verte pronto.


Ademais, tamén tivemos a visita de Álvaro, un alumno de 5º de primaria, que participou na nosa clase léndonos un conto moi divertido.
Comeza así a lectura semanal dos maiores nas aulas de educación infantil.
Que terá lugar todos os xoves, despois do recreo. 


E para rematar, tamén fomos (por primeira vez este curso) a visitar a Guino, a mascota da biblioteca. Onde cada xoves, iremos a buscar un libro que levaremos para as nosas casas, para poder gozar del acompañados das nosas familias.

               

       

1 comentario:

  1. POIS SI MOITAS EMOCIONS, ALGUNHA QUE SEI EU VEU CHORANDO PARA A CASA. MOITOS BICOS A SANTI,DESEXAMOSLLE O MELLOR NO SEU NOVO DESTINO.
    E COMO SEMPRE MOITA ILUSION TRAENDO O LIBRO PARA A CASA, ENCANTALLES A BIBLIOTECA.

    ResponderEliminar