Como xa é habitual no Couceiro, onte celebramos o "día do peón". Comezamos a mañá dándolle cor a un debuxo conmemorativo deste día; continuamos vendo uns vídeos onde se amosaban as cousas que tanto nenos como maiores podían facer cos peóns, para o noso compañeiro Teo algúns eran heroes por todo o que conseguían facer coa buxaina. E por fin chegou o momento máis esperado, o de saír a bailalos ao patio, onde nos esperaban as nosas familias, para axudarnos a facelo.
Aquí poderedes ver algunhas fotos da celebración, de como intentamos bailar o peón, aínda que non todos tivemos éxito. Polo de agora non dominamos moito a técnica, pero aprenderemos...
CREO QUE POLO DE AGORA QUEDAREMONOS COS XOGOS ALTERNATIVOS.ESTIVO XENIAL PODER COMPARTIR ESOS MOMENTOS COS NOSOS PEQUERRECHOS. GRAZAS COMO SEMPRE AS PROFES POR ORGANIZARNOS ESTOS MOMENTOS PARA OS PAPAS
ResponderEliminar