lunes, 3 de noviembre de 2014

VISITA ESPACIAL!

Como xa saberedes, as bolboretas, estamos a investigar sobre o Universo e a semana pasada tivemos unha visita moi especial, que nos axudou moito nas nosas investigacións.
 Tratábase de Jorge, un traballador da Axencia Espacial Europea (ESA), que entre outras cousas ensinounos como fabrican satélites que despois mandan ao Espacio e como os controlan para que nos envíen imaxes do Universo.
 Estabamos abraiados e tiñamos moitas dúbidas e preguntas que facerlle, seguiremos a investigar e esperamos volver a verte pronto Jorge.

 

 


Moitas grazas a Jorge por vir e a Bertila por toda a súa axuda neste encontro.

3 comentarios:

  1. Alégrome que o pasarades tan ben e que aprendérades moitas cousas novas! Seguro que Jorge estará encantado de facervos outra visita.

    ResponderEliminar
  2. Unha charla moi interesante, gustou moito. Moitas gracias

    ResponderEliminar
  3. Que luxo e que sorte poder estar con alguén da Axencia Espacial Europea! Que interesante!!

    ResponderEliminar